Retómase este domingo o certame que reivindica o Parque de San Roque en Ribeira: o Festival Raíces

O Festival Raíces – O río conta historias vaise celebrar finalmente este domingo ao mediodía, logo de que se tivera cancelado a pasada fin de semana por mor do mal tempo. Trátase dunha das actividades impulsadas polo Concello para dinamizar o Parque Periurbano de San Roque.

En concreto, diríxese a converter o Lavadoio do Río Pedrín “nun escenario no que levar a cabo actividades relacionadas coa historia”, en palabras da organización. A actividade está pensada para recuperar a toponimia do lugar, e dotar de identidade ao lavadoiro do río Pedrín en torno a actividades de formato pequeno.

Desta volta contarase co co espectáculo Elas, no que as protagonistas son as mulleres, con temáticas que van dende a nosa lingüística arredor do auga até a consideración histórica e social da muller, pasando polo folclore ou a hidrotoponimia. Elas é un espectáculo onde a narración oral mestúrase coa música para dar lugar a unha proposta que lles devolva ás donas dos ríos o recoñecemento que poucas veces tiveron.

O evento desenvolverase segundo este horario:

• 12:00 Acceso ao lavadoiro

• 12:30 Concerto

O aforo está limitado a 50 persoas (permítese fillos menores de idade como acompañantes).

Reservas

Cómo reservar entradas:

* As entradas son gratuítas e facilitaranse por rigoroso orde de reserva.

* Para reservar entrada podes utilizar o correo electrónico perisanroque@gmail.com, chat de Telegram ou mensaxe nas redes sociais do parque.

* Anotaranse nome e apelidos, DNI e data/hora da reserva.

* Soamente se permite reservar una persoa máis a maiores do que contacta.

* A reserva non é transferible e soamente a pode utilizar o solicitante.

* Unha vez estea completo o aforo coas reservas os seguintes solicitantes quedarán en lista de espera.