Regata Mar de Finisterre-Trofeo Pitusa Sabín do Real Club Náutico Portosín

15 Agosto 2021

O comodoro do Real de Portosín convida os armadores a navegar na regata máis emblemática do club

Foto: Juan Caballero

A menos dunha semana do Top de saída á XXXIII Regata Mar de #Finisterre – VII Trofeo Pitusa Sabín, a mariña deportiva do Real Club Náutico Portosín experimenta unha incesante actividade debido á chegada de veleiros que tomarán parte na regata máis emblemática do club.
Entre a frota destaca a confirmación de dúas especiais unidades, o barco da Comisión de Regatas de Ferrol da Armada Española, o Mirfak, vixente campión galego de Cruceiros ORC 0-1. O veleiro navegado á cana por Diego López vén defender o seu actual liderado no Trofeo Presidente Xunta de Galicia.
Tamén confirmou a súa participación o tamén campión galego de Cruceiros ORC 2-3, o Raygrass III, de José Antonio Núñez, barco que navega baixo a grímpola do Carrumeiro, e que é líder do Trofeo Presidente na súa División.
Outra das posibles unidades que manifestaron a súa intención de participar na gran cita velística é o Bosch Service Solutions, armado por Sailway e patroneado por Ramón Ojea. O veleiro do Club Marítimo de Canido vén de gañar a súa División dos ORC 3 na recente Regata Rías Baixas – Mar de Maeloc.
A iso hai que sumarlle destacadas embarcacións que navegan habitualmente na comarca do Barbanza, como o Arroutado, o Corsario, o Siradella, o Piko Norte ou o Entropía, entre moitos outros.

O comodoro do Real Club Náutico Portosín, Fernando González, facía as seguintes valoracións convidando, ao mesmo tempo, a navegar aos armadores na Mar de #Finisterre – Trofeo Pitusa Sabín.
“Para o RCN Portosín, o feito de que neste 2021, Ano Xacobeo, concedéronnos, por delegación do RCN Sanxenxo, que a proba máis antiga e emblemática pase a formar parte do Trofeo Presidente Xunta de Galicia, conxuntamente co Trofeo Infanta Elena, do RCN A Coruña, e o Trofeo Príncipe de Asturias, do MRCYB, é unha oportunidade para estar o top da vela de cruceiro e demostrar que somos capaces de facer unha gran regata e facelo a plena satisfacción de todos os barcos que navegan neste circuíto”, comenta.
“E supón tamén a culminación dun traballo que desde hai máis de 30 anos vén realizando con esta regata. A Mar de #Finisterre – Trofeo Pitusa Sabín foi a primeira regata que naceu no noso club, navegando as augas da nosa contorna, cunha beleza paisaxística extraordinaria e un campo de regatas inigualable”, continuaba explicando o comodoro.
“Eu, desde aquí, quería convidar a toda a frota que non tivese a oportunidade de vir navegar a esta regata, que se anime, é unha experiencia extraordinaria. Imos tentar por todos o medios que sexa unha regata que lembren con moito agarimo e que sexa a primeira de moitas edicións”, terminaba dicindo González.

Outros artigos

Incendio no estaleiro de ribeira na Barquiña no concello de Outes

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro e Ribeira xunto Ges de Noia e Garda Civil intervimos en incendio de Asteleiro de Ribeira na Barquiña no Concello de Outes. Ao redor das 02:37 horas rexistrouse un incendio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Confianza” – José Antonio Constenla

“La Confianza” – José Antonio Constenla

En la actualidad atravesando una crisis de confianza, con mil explicaciones, pero ninguna sencilla ni clara, que dificulta la comprensión del mundo en el que vivimos. Un efecto de estos es que los discursos no sintonizan con la realidad en la que estamos inmersos....