“Quen está ao mando?” – Antón Luaces

17 Agosto 2021

España ten máis centros marítimos públicos ca maioría dos países da Unión Europea; pero non é quen de dar resposta ás necesidades formativas do sector.
Así o estima a Asociación Española de Titulados Náutico-Pesqueira (AETINAPE) para quen os cursos de reciclaxe de cara a seguir a exercer a profesión revelan “unha vergoñenta falta de intelixencia colectiva”. Afirma AETINAPE que “hai recursos, pero a ninguén lle importa que se utilicen ben”.

O noso colaborador Antón Luaces


A tan desexada e reclamada coordinación administrativa no eido marítimo-pesqueiro ofrece outro decepcionante escenario de problemas, segundo a organización de titulados náutico-pesqueiros: son os xerados pola escasa adecuación de cursos e recursos educativos ás necesidades do sector.
Tanto o Instituto Social da Mariña (Ministerio de Traballo) como a Dirección Xeral da Mariña Mercante (Ministerio de Transportes), a Secretaría Xeral de Pesca (Ministerio de Agricultura e Pesca) ou as Comunidades Autónomas con competencias en materia pesqueira, “conforman un caleidoscopio administrativo de enorme potencial, mais sen ninguén ao fronte”. Para AETINAPE falta liderado, falta organización. Falta, en definitiva, intelixencia.
Os titulados náutico-pesqueiros necesitan, en moitos casos, “actualizar as súas titulacións con novos requirimentos, sen dúbida absolutamente necesarios e moi útiles para exercer a súa profesión, concorde ós convenios internacionais nesta materia que España ten ratificados” con dimensións tan importantes como preservar a seguridade a bordo ou revisar os protocolos e procedementos de auxilio sanitario.
Pero, vítimas de convocatorias que se realizan deslavazadamente e con demasiada pouca frecuencia, están ao albur da casualidade “de tal forma que o persoal embarcado vese moitas veces imposibilitado de cumprir os rigorosos prazos que o funcionamento establece para levar a cabo esa reciclaxe”.
AETINAPE está a ser moi crítica con esta situación que, en demasiadas ocasións deriva en accidentes nos que se ven involucrados membros da propia organización. Nalgúns casos, críticos tamén os propios titulados coa formación que reciben as novas promocións de patróns e o seu recoñecemento para mandar barcos.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...