Óscar Ibáñez & Tribo, en Rianxo este sábado ás 21.30 horas

04 Agosto 2021

O vindeiro sábado 8 de agosto, ás 21:30 h no exterior no CEIP Castelao, o músico galego Óscar Ibañez, acompañado da súa Tribo, presentará o seu espectáculo Da Terra en Rianxo. O concerto abéirase ao programa Noites de Folc.

Óscar Ibáñez é un gaiteiro e frautista que realiza unha fusión musical sen límites partindo das raíces, a medio camiño entre investigación e creación, que ten como resultado un novo e único son. Na súa traxectoria como solista publicou os discos Alén do Mar (VIR, 2012) e Aires de Pontevedra (Inquedanzas Sonoras, 2017) alén doutros traballos de investigación como os libros-CD Os Montes de Lugo (Ouvirmos, 2007), O Quinteto Monterrey (Dos Acordes, 2009) ou Xoán Tilve Gaiteiro de Campañó (aCentral Folque, 2015).

A gran calidade da súa banda de directo foi recoñecida en máis de 200 concertos por toda a Península Ibérica, Bretaña e Italia participando nalgúns dos festivais internacionais máis importantes como: Festival Intercéltico de Lorient (Lorient, Bretaña); Festival Capodanno Céltico (Milán, Italia); Festival Internacional da Máscara Ibérica (Lisboa, Portugal) ou o Festival do Mundo Celta de Ortigueira (Ortigueira, Galicia), entre outros.

No espectáculo Da Terra percorre os temas máis destacados dos seus traballos Alén do Mar (baseado nas músicas de ida e volta Galicia-América do entre séculos XIX-XX) e Aires de Pontevedra (co que homenaxeou o célebre gaiteiro de Viascón Ricardo Portela no 25 aniversario do seu pasamento, co fin de contribuír á actualización, difusión e universalización da nosa música patrimonial).

Para este concerto a banda Óscar Ibáñez & Tribo estará integrada por excelentes músicos de longa e recoñecida traxectoria como Fernando Fraga (Carlos Núñez), acordeón; Harry.c (Milladoiro), violín; Carlos Calviño (Roi Casal), guitarra; Paco Dicenta (Mercedes Peón), baixo; e Carlos Castro (Fía na Roca), batería e percusión. No concerto colaboran ademais Pepe Romero, Jorge Maño, Adrián García, Álvaro Puga e Gloria Cespón (Banda de Gaitas Suevia), Daniel García e Álvaro Rúa (Banda de Gaitas Nova Era) e a xilofonista Carla Villanueva.

Este concerto forma parte da programación do Concello de Rianxo a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Para asistir cómpre reservar a entrada en liña na web municipal de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.