Os nosos concellos asinan un acordo en Rianxo para o posicionamento da Traslatio

03 Agosto 2021

Os concellos do sur do Barbanza deron este martes 3 de agosto un paso decisivo no seu impulso turístico en materia xacobea. O motivo? A formalización no Consistorio de Rianxo dun acordo asinado entre a Mancomunidade Barbanza Arousa e a Fundación Mar de Arousa Río Ulla. Participaron na rúbrica o presidente da mancomunidade (e rexedor rianxeiro), Adolfo Muiños, e o seu homólogo da fundación, Javier Sánchez-Agustino. O acordo busca a potenciación e a posta en valor da Traslatio.

Exif_JPEG_420

Neste acto tamén participaron José Ramón Romero, alcalde de Boiro; Patricia Lojo, concelleira de cultura da Pobra do Caramiñal; Ramón Doval, concelleiro de turismo de Ribeira; Fátima Cachafeiro e Patricia Miralles, xerente e técnica da Mancomunidade Barbanza Arousa, respectivamente; José Manuel Fernández, representante da Asociación Galega de Actividades Náuticas e integrantes do Club Náutico Deportivo de Barraña.

Segundo fixeron saber máis en detalle, o convenio é “un compromiso de colaboración para a posta en valor da travesía marítima que simboliza o traslado dos restos do Apóstolo cara a Santiago de Compostela, a denominada Traslatio”. Para este cometido, a mancomunidade incluirá no produto os portos de Barbanza Arousa para que dispoñan da información do proxecto e das cartillas náuticas que os visitantes poderán selar en cada un dos mesmos. Mediante a rúbrica nos portos deportivos e mariñas de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Barraña e Cabo de Cruz en Boiro e en Rianxo os visitantes e peregrinos obterán o diploma acreditativo da Traslatio no concello de Padrón.

Para a comercialización do proxecto, participa no mesmo a Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN), que colaborará involucrando touroperadores náuticos con vistas á creación de paquetes e distribución dos mesmos.

Adolfo Muíños, presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa, destaca a importancia do Camiño de Santiago neste territorio por ser a orixe da tradición xacobea e que é este o único destino no que se pode obter a Compostela por terra e por mar.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...