Os negocios rianxeiros da praza de Castelao recoñecen que compartir espazo co mercadiño é fonte de problemas e incidentes

20 Agosto 2021

A Asociación Rianxeira de Empresarios vén de emitir un comunicado no que quere transmitir ao Concello as diversas queixas dos seus asociados a respecto do mercadiño ambulante (que se celebra na localidade os mércores e os domingos) e esixe “solucións inmediatas” ante este malestar. Segundo fai saber a ARE, o mercado é unha fonte de problemas “dende hai meses” para os negocios establecidos na praza de Castelao e os seus arredores, co inicio das obras realizadas no firme do Campo de Arriba. Así, indican, “o traslado á dita praza de tódolos comerciantes ambulantes que antes se instalaban no Campo de Arriba creou graves problemas de espazo que, aínda que nos meses en que as restricións da COVID non foron tan evidentes, provocan agora constantes incidencias e roces entre negocios locais e comerciantes ambulantes”.

E engaden: “Desde a ARE estamos a transmitir ao Concello, desde fai xa meses, queixas provenientes de varios negocios asociados que se están a ver afectados e, aínda que desde o Concello se nos indica que se van buscar solucións, estas non dan chegado. A apertura, nas últimas semanas, de dous novos negocios de hostalería na praza de Castelao e as súas proximidades veñen de facer aínda máis urxente a toma de medidas para corrixir a problemática existente por parte do Goberno local, ao verse estes dous locais gravemente afectados o pasado mércores, día en que a afluencia de comerciantes ambulantes ao mercadiño de Rianxo é maior”. Segundo indican, na dita xornada, un dos establecementos nin tan sequera puido montar a terraza e o outro viu como varios comerciantes ambulantes movían e apartaban as mesas que tiña montadas para colocar o seu posto”.

En palabras da ARE, estes incidentes agravan a xa de por si complexa situación na que vive a hostalería, “que está a padecer restricións importantes por mor da pandemia e, sen esquecer, que o verán está xa a rematar e os turistas que quedan marcharán en cuestión de días”.

A ARE, se ben recoñece que nas últimas conversas co Executivo local este comprometeuse a solucionar o problema o vindeiro domingo 29 (co traslado dos postos ao Campo de Arriba), desde a asociación queren “que a medida se axilice o máximo posible e que, ao mesmo tempo, se tomen outras medidas destinadas tanto a mellorar o mercadiño como a convivencia deste cos negocios locais”. Ademais, din que “é fundamental que o vindeiro mércores non se repita a situación que se viviu esta semana”.

Estas serían as medias solicitadas:

-Que se reinstalen no Campo de Arriba os postos que sexa preciso.

-Que se reinstalen na praza da Virxe de Guadalupe aqueles que sexa posible.

-Que se reinstalen os postos que sexa necesario nas rúas de Abaixo e do Medio.

-Que se permita a entrada na praza dos vehículos dos comerciantes ambulantes, única e exclusivamente, para a montaxe e a recollida dos postos.

-Que a distribución do mercadillo se faga conforme ao seguinte:

▪ Que ningún posto do mercadiño dificulte o paso dos viandantes polas beirarrúas da praza.

▪ Que ningún posto do mercadiño oculte escaparates ou entradas de negocios locais ou dificulte o

acceso aos mesmos dos clientes.

▪ Que ningún posto do mercadiño oculte ou invada o espazo reservado para as terrazas da

hostalería local asegurando sempre que se manteña a distancia suficiente, entre os postos e as

terrazas, para permitir o paso e o acceso ás mesmas incluso de persoas con mobilidade reducida

e pais e nais con carriños de bebés.

▪ Que ningún posto do mercadiño dificulte a entrada a vivendas e edificios residenciais así como

tampouco a outros edificios públicos asentados na praza de Castelao.

Outros artigos

Cáritas Diocesana aproba as contas do ano 2023 cun saldo positivo

Socios, achegas, donativos e colectas sitúanse no primeiro lugar dos ingresos cun 33%. Cáritas Diocesana de Santiago obtivo un resultado positivo de 533.476 euros, segundo o exercicio económico do ano 2023 aprobado durante un Consello que presidiu o arcebispo de...

+

Os socialistas do Barbanza amosan o seu apoio a Pedro Sánchez

Os socialistas do Barbanza reunironse esta mañá en Rianxo en apoio ao presidente, Pedro Sánchez. O secretario comarcal, Luis Ruiz, leu un manifesto acompañado dos candidatos comarcais e a militancia socialista da comarca. ​ “Os partidos da dereita, incapaces de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Domingo tregua na choiva e temperatura baixa para a época

Domingo tregua na choiva e temperatura baixa para a época

Nesta xornada Galicia continuará con inestabilidade atmosférica debido a presenza de aire frío en altura. Polo tanto, teremos ceos nubrados con chuvascos localmente treboentos durante a mañá no norte da Comunidade e sendo máis probables pola tarde no interior do...

“Libros y autores”. Alberto Barciela

“Libros y autores”. Alberto Barciela

En manos de una editorial inteligente, un libro o un animal pueden resultar una elegante evolución colorista. Las páginas se encuadernan para sustentar un cierto orden ideográfico y, a su vez, para soportar anaqueles de vidas y afanes. La huella genética se retrata en...