Os concellos costeiros da comarca contan con servizo de limpeza de praias financiado pola Deputación

10 Agosto 2021

A área de Medio Ambiente da institución provincial destina 900.000 euros para a axudar aos concellos a manter os areais coruñeses en condicións óptimas durante o período estival

Corenta un municipios costeiros da provincia da Coruña, entre eles os da comarca, gozan este verán de servizo de limpeza de praias financiado pola Deputación da Coruña.

A área de Medio Ambiente e Emprego da institución provincial, que dirixe o deputado José Ramón Rioboo, destina este ano 900.000 euros para apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal que se encarga da limpeza dos areais coruñeses durante o período estival, así como a adquisición do material necesario, vestiario ou combustible.

Rioboo destacou que A Coruña é a provincia española con máis quilómetros de costa e que as praias dos concellos costeiros son un dos principais atractivos turísticos. “Ademais de contribuír á conservación ambiental e mellorar a imaxe das praias da provincia, a Deputación da Coruña impulsa tamén con este programa a creación de centos de empregos durante os meses de verán”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...