Ons proxéctase este xoves 12 en Rianxo

09 Agosto 2021

Este xoves 12 de agosto Rianxo vai acoller a proxección dun dos mellores filmes galegos dos últimos anos, trátase de Ons, do director compostelán Alfonso Zarauza, unha historia dramática con arrecendo a thriller ambientada na illa do mesmo nome, onde varios personaxes tentan atopar respostas aos seu conflitos e tensións entre o bruar do mar e cantís, areais, outeiros e camiños azoutados polos temporais.

O filme proxectarase ás 22.00 horas no exterior do CEIP Castelao. A actividade abéirase ao ciclo Noites de Cine do Concello, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña (Rede Cultural 2021, Programa Visións). O aforo será limitado, e as prazas pódense reservar até as 12.00 horas do martes 10 de agosto a través da web do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...