O Son acolle este luns un obradoiro de ilustración e unha sesión de contacontos pola igualdade

16 Agosto 2021

O programa de dinamización lectora e cultural Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, ten este luns 16 de agosto un dos seus puntos culminantes.

Será unha xornada completa de actividades, cun obradoiro de ilustración ao mediodía, a cargo de Santy Gutiérrez (ás 12.00 horas na BMP Xerardo Díaz Fernández de Porto do Son) e, xa pola tarde, cun espectáculo de narración oral a cargo de Caxoto Contacontos (o espectáculo Coas mans na masa, ao abeiro do ciclo Contos en Igualdade, ás 17.00 horas na Casa da Cultural de San Pedro de Muro).

O espectáculo de Caxoto preséntase como un “menú con ingredientes de igualdade co que desmontar os estereotipos de xénero e os micromachismos cociñados a lume lento ao longo da historia”.

Outros artigos

Ribeira homenaxea este martes á actriz Susana Sampedro

Este martes 25 de xuño o Concello, a Corporación e a cidadanía de Ribeira van render homenaxe á actriz local Susana Sampedro (Ribeira, 1978), recentemente distinguida co Premio Mestre Mateo 2024 á mellor actriz de reparto na longametraxe Matria, de Álvaro Gago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ausencia de los eméritos”. José Castro López

“La ausencia de los eméritos”. José Castro López

Se cumplieron diez años de la coronación de Felipe VI y el aniversario se conmemorócon un acto sencillo, alejado de la grandiosidad que suele dominar la esfera pública.Al Rey le tocó reinar en el peor momento para la institución monárquica por problemasheredados de su...