“O rescate económico como saída ao secuestro de Pablo Costas”. Antón Luaces

07 Agosto 2021

​Ten 54 anos. É mariñeiro dende os 18 e coñece plenamente o labor que desenvolve a bordo dun buque de pesca como o “Cobija” un patrón ou un capitán, funcións que leva desempeñado na súa traxectoria profesional lonxe do seu Bueu de toda a vida. El é Pablo Costas Villar, capitán do buque “Cobija”, secuestrado -segundo os seus achegados- nunha actuación desencadeada a requerimento de Australia, que o acusa de pesca ilegal e o retén dende vai case que un ano no Iemen.

Se os ilícitos compre demostralos para que se podan avaliar, o certo é que a Pablo Costas Villar, afirma o sindicato CUT, “non se lle aplicaron as garantías xudiciais pertinentes”. O mesmo sindicato refire que as autoridades españolas actuaron neste caso con “neglixencia e  ineptitude”,  e non desbota a CUT unha posible “connivencia das autoridades consulares coas autoridades -ou o que quede delas- iemenís, nunha probable conculcación de dereitos nun país no que é máis doado un tiro na cabeza que acender un cigarro”. O buque do que é capitán Pablo Costas Villar permanece retido no porto de Al Mukalla (Iemen do Sur) dende o 26 de setembro de 2020 acusado, como xa queda dito, de pesca ilegal. Así o recoñece nun escrito remitido á esposa de Costas Villar, a Dirección General de Españoles en el Exterior y Asuntos Consulares do Goberno español, escrito no que tamén se recoñece que o Trtibunal de Primeira Instancia da localidade iemení “condenou á tripulación  e ao capitán español a tres meses de cadea”. Contra esta decisión os armadores do buque presentaron recurso diante do Tribunal de Apelación de Hadramaut.

O pasado 28 de xuño de 2021 este Tribunal decidiu suspender a execución da sentenza inicialmente imposta ao capitán galego e á tripulación do barco. Comezou a organizarse un operativo para a súa saída do país, coa colaboracuión das embaixadas de España en Riad e Omán. Pero ese operativo foi suspendido debido a que o capitán e os tripulantes continuaban retidos no buque.   Unha xestión española diante do Encargado de Negocios iemení en España permitiu coñecer que a Fiscalía daquel país recorrera a sentenza, polo que Costas “está aínda en proceso de xuízo” e a saída de Iemen do capitán “está supeditada a que se resolva a causa pendente  e sexa autorizada polas autoridades xudiciais competentes”.

Xa son once os meses que Pablo Costas permanece nesa situación a bordo do pesqueiro do que é capitán, no porto de Al Mukalla. A súa familia  pide ao Ministerio de Asuntos Exteriores do Goberno de España que explique onde e cando tivo lugar a pesca ilegal da que se  acusa a Costas Villar e lembra que este permanece en Iemen “en contra da súa vontade” e que el nunca recibiu notificación algunha sobre figuras procesais como xuízo, sentenza ou apelación, motivo polo que piden “xustifiquen a imposibilidade” de repatrialo. Está convencida a familia de que o capitán galego carece de garantías procesais e que, a diario, tanto o capitán como os seus compañeiros de tripulación escoitan con sobresalto “o tableteo” de armas utilizadas perto do lugar no que o buque está atracado.

O barco está cheo de ratas, carecen de auga e de refrixeración, están sen alimentos e o sistema de navegación e aparataxe mecánica inutilizados, con temperaturas ambientais de 50 graos, motivos estes máis que evidentes para resolver a repatriación de Pablo Costas.

Segundo poido saber este xornal, antes do seu apresamento o “Cobija” saira en decembro de 2019 cara ao Ïndico Sur, onde realizou tarefas de pesca. Rematadas estas, a unhas 500 millas de Australia -augas internacionais, polo tanto- un buque de inspección aduaneira procedeu á identificación dos tripulantes e realizou unha inspección ocular das distintas dependencias e carga do pesqueiro marchando, aparentemente, sen detectar anomalías. O “Cobija” proseguiu a navegación e quedou atrapado na problemática derivada da COVID-19, sen poder recalar en porto algún porque se lle negaba a entrada. Xa con combustible escaso, achándose entre Asia e África, comunícanlles que o pesqueiro fora vendido a unha sociedade somalí e que debía por proa a Iemen do Sur (Al Mukalla) para desembarcar as capturas.

Pablo Costas Villar é o único cidadá español a bordo do “Cobija”. A súa familia agarda dende que marchou, vai para dous anos, o seu regreso. Ninguén lles da esperanzas e só reciben a axuda do sindicato CUT, que albisca a posibilidade de que, aqueles que reteñen ao capitán galego do buque e os seus compañeiros esixan un rescate que, no caso do mariñeiro galego, tería que aboar o Estado español.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...