O Museo de Ribeira exhibe unha mostra do traballo elaborado nos Talleres Culturais e Asrtesanais da Asociación de Amas de Casa

14 Agosto 2021

Ata o 13 de setembro, as persoas que se acheguen ata a Sala Museo Municipal de Ribeira terán a oportunidade de visitar no segundo andar do inmoble unha Mostra de Talleres Culturais e Artesanais que está enmarcada no
Primeiro Certame Cultural Aires de Dorna que promove a Asociación de Amas de Casa de Ribeira.
Na pasada noite tivo lugar o acto inaugural: un evento que contou coas intervencións do alcalde Manuel Ruiz e da presidenta da Asociación Amas de Casa Puri Cores, e a presenza de José Luis Torres Colomer e dos concelleiros Javier Sampedro e Herminia Pouso, entre outros.
Segundo explicou Puri Cores, a exposición está formada polos traballos que viñeron realizando ao longo deste curso as alumnas dos obradoiros de Amas de Casa, con artesanía de Camariñas, calceta, vainicas, bordado, costura etc. Agradeceu o seu labor e o do profesorado, e animou a veciños e visitantes a que acudan ao museo para coñecer unha iniciativa que busca preservar as nosas tradicións.
Pola súa parte, Manuel Ruiz loou o exemplo da Asociación de Amas de Casa, referente neste concello, e agradeceu ter a oportunidade de acoller no museo unha mostra que engrandece o que hai na instalación e que comparte espazo coa colección de bonecas doadas por Magdalena Bringas. Así mesmo, amosou a súa esperanza de que, unha vez se poida recuperar a normalidade a partir deste outono, poida lucir en todo o seu esplendor a actividade que vén
desenvolvendo a Asociación Amas de Casa.
A entrada á mostra é gratuíta, ao igual que á exposición sobre os 100 anos do afundimento do Santa Isabel que se pode visitar no primeiro andar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.