O CRA de Rianxo expresa o seu total rexeitamento ante a previsión de recortes no profesorado

13 Agosto 2021

A comunidade educativa do CRA de Rianxo emitiu un comunicado a respecto dos recortes en Educación que tamén serían extensíbeis ao dito centro, ao igual que a un bo número deles da nosa comarca. No comunicado os integrantes da comunidade expresan o seu “total rexeitamento ás medidas de supresión de postos de traballo e unidades recollidas na Orde do 22 de xullo de 2021 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes da Consellería de Educación nos niveis de Educación Infantil, Primaria e Especial”.

O centro explica que foi coñecedor destas supresións a través da publicación desta orde no DOG o 6 de agosto de 2021, “sen previo aviso nin comunicación por parte da Administración”. Segundo fan saber, as supresións consistirán na eliminación da praza de Pedagoxía Terapéutica e dúas titorías de Educación Primaria.

E engaden no comunicado, que vén asinado polo Claustro, a ANPA e o Concello: “A día 12 de agosto de 2021 non hai información nin instrucións con respecto da situación na que quedan o alumnado e profesorado. Non somos coñecedores de feitos tan concretos como se o alumnado continúa no CRA de Rianxo, tendo que xuntar aulas, ata o de agora independentes, que acadarían unha ratio moi elevada e na que hai varios casos de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo; ou habería que resitualos nos centros próximos do concello, xerando unha gran preocupación nas familias. Con respecto aos tres docentes suprimidos tampouco temos coñecemento de se deben concursar a 1 de setembro de 2021, facéndoo en condicións desiguais ao resto do profesorado suprimido, ou se este curso seguirán formando parte do CRA de Rianxo”.

O profesorado do centro advirte que no curso 2021-2022 o total de alumnado matriculado no centro é de 116 alumnos/as, similar ao dos cursos anteriores, e “esta perda significativa de docentes non permite garantir a educación de calidade que nos gustaría que recibise todo o alumnado, así como a atención personalizada e individualizada que precisa cada neno/a para ir aprendendo ao seu ritmo”.

Dende o conxunto da comunidade educativa do CRA de Rianxo fan un chamamento á Administración Educativa para “reverter e deixar sen efecto ás medidas anunciadas no DOG do día 6 de agosto de 2021”.

Outros artigos

Este venres entrégase en Rianxo o Premio Muller Salgada 2024

Mulleres Salgadas entregará o vindeiro venres día 28 de xuño o seu Premio Muller Salgada 2024. O acto, que conta coa colaboración do Concello de Rianxo, terá lugar ás 18.30 no Auditorio de Rianxo (A Coruña). A orixe do galardón A cultura do esforzo xeneroso,...

+

Rianxo e Dodro retoman os roteiros do Ulla o vindeiro 6 de xullo

O programa de roteiros Goza do Ulla volve a Rianxo o vindeiro 6 de xullo cunha ruta, As Brañas-Tres Cruces, organizada conxuntamente entre o Concello de Dodro e o Concello de Rianxo para desfrutar da fermosa paisaxe do treito final do río e do esteiro do Ulla. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Confianza” – José Antonio Constenla

“La Confianza” – José Antonio Constenla

En la actualidad atravesando una crisis de confianza, con mil explicaciones, pero ninguna sencilla ni clara, que dificulta la comprensión del mundo en el que vivimos. Un efecto de estos es que los discursos no sintonizan con la realidad en la que estamos inmersos....