O Concello de Rianxo e a veciñanza buscan zonas de cobertura 4G deficiente

10 Agosto 2021

O Concello de Rianxo iniciou unha consulta para colaborar coa veciñanza na procura de deficiencias na cobertura de telecomunicacións 4G. O obxectivo é identificar zonas con construcións nas que non existe cobertura móbil 4G a unha velocidade mínima de 10 Mbps. O Concello xa incluíu unha serie de núcleos de poboación no mapa preliminar que se poden consultar a través dun mapa en liña. Estes núcleos son Brión, Abuín, Tronco, As Cortes e A Ermida.

A iniciativa insírese nunha consulta iniciada pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais (SETELECO) destinada a localizar zonas sen servizo 4G de calidade, mobilizando operadoras, concellos e outras entidades interesadas. O obxecto é a obtención dun mapa definitivo de zonas elixíbeis para a concesión de axudas públicas do Estado, con vistas á realización de proxectos de fornecemento de infraestruturas que posibiliten servizos de comunicacións móbiles de alta velocidade.

Volvendo a Rianxo, o Concello fixo saber que as veciñas e os veciños que queiran incorporar ao mapa definitivo que está a elaborar o dito ministerio novas zonas de baixa cobertura, poderán facelo enchendo un formulario específico antes do 15 de agosto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.