O comité da planta de Lousame maniféstouse para defender os postos de traballo

29 Agosto 2021


O comité de empresa da planta de tratamento e recollida de lixo de Lousame levou a cabo este domingo unha manifestación entre as localidades de Portosín e Porto do Son para defender “todos os postos de traballo da planta” e “o seu modelo de xestión”.

A manifestación –unha caravana de coches– celebrouse baixo o lema de ‘Salvemos a planta de lixo’. Fontes do comité calcularon nun milleiro ás persoas que participaron na concentración. A gran maioría foron veciños de Noia, Porto do Son, Carnota e Muros cuxos familiares e amizades “poderían perder” os seus postos de traballo no ano 2023.

A planta de reciclaxe está xestionada pola Mancomunidade Serra do Barbanza, que ten unha concesión ata o ano 2023. No comité “desconfían” de que a partir dese ano a idea sexa converter a Lousame nunha planta de transferencia, que se utilizaría para almacenar os residuos antes de trasladalos á incineradora de Sogama. Esto suponría unha “gran redución” no persoal da nave; unhas 170 persoas das que o 60% son mulleres de entre 40 e 60 anos.

Aínda que aínda non hai confirmación oficial de que este sexa o destino final da planta de Lousame, tanto os traballadores como CIG, CC. OO. e UXT manteñen que a nave de reciclaxe cumpre cos requisitos e directrices europeas en materia de tratamento e ecoloxismo.

Traballadores e sindicatos solicitaron reunións coa directiva da empresa e coa Consellería de Medio Ambiente, sen recibir resposta aínda, segundo aseguran. Aínda que non perden a calma –o feito de que sexa agosto pode “atrasar” a resposta–, teñen claro que se en setembro non reciben resposta “tomarán as medidas necesarias paraque escóitese as súas peticións”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...