O BNG solicitará a xestión 100% pública para a nova residencia de Ribeira

05 Agosto 2021

O BNG de Ribeira publicou este 5 de agosto un comunicado a prol do sistema público de benestar ante “o anuncio do presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, sobre a construción dunha nova residencia no noso concello”. A formación nacionalista anunciou que vai solicitar á Consellaría de Política Social información detallada de como será a xestión dese novo modelo de residencia que anunciou o presidente.

O voceiro do BNG, Xosé Vázquez Cobas, cre que “é positivo que o Goberno galego anuncie a súa pretensión de realizar unha residencia de maiores en Ribeira”. E engade: “A proposta do Bloque pasa por facela no edificio Hesta Kurva das Saíñas porque suporía dar cumprimento a un acordo plenario impulsado polo BNG e que tivo o apoio unánime da Corporación Municipal”. Malia iso, Vázquez Cobas, cre que “hai que tomar con cautela o anuncio porque só foi iso, un anuncio sen máis detalle nin proxecto concreto”.

O voceiro nacionalista lamentou “os máis de 12 anos nos que a Xunta paralizou a construción de novas residencias públicas e non foi construída ningunha”. Ao seu xuízo, “é inaudito que non se fagan máis residencias cando o sistema de dependencia só chega ao 51% da poboación beneficiaria ou cando para acceder a unha praza pública hai que agardar dous anos”.

Na súa opinión, “a carencia de prazas públicas é evidente pero iso non pode ser desculpa para deixar que se fagan de calquera maneira e con calquera xestión. Cómpre lembrar que 8 de cada 10 prazas de residencias de maiores en Galiza son privadas. Esta situación fai visíbel o modelo residencial privatizado e mercantilizado polo que aposta o PP no que se converte o dereito á vellez digna nun negocio obxecto de lucro”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...