O BNG pide atallar os continuos ataques aos bancos LGBT de Ribeira, o máis recente o de Artes

25 Agosto 2021

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira emitiu un comunicado no que mostra a súa repulsa polos continuos ataques e actos vandálicos contra os bancos colocados por todo o municipio coas cores do colectivo LGBT, dando visibilidade á loita polos dereitos persoas. Segundo lembra a agrupación nacionalista, as novas accións vandálicas producíronse nos bancos de Olveira e Artes onde escribiron a palabra “enfermos”.

O concelleiro nacionalista, Luís Pérez Barral, lamenta que “esta non é a primeira acción homófoba que se rexistra neste concello pois xa houbo que repoñer o banco coas cores LGBT que os intolerantes romperon en Aguiño e tamén teñen vandalizado o banco de Palmeira”. E engade: “Como sociedade temos que facer unha reflexión no só para deixar claro que a violencia non pode ter cabida senón tamén para illar a quen emite e promove eses discursos de odio. Porque detrás do machismo, do racismo, da xenofobia, de fobia LGTB hai unha mesma raíz: a da intolerancia, á que hai que responder dicindo que eses discursos non teñen cabida na nosa sociedade”.

O concelleiro ribeirense cre que “non se deben tolerar este tipo de ataques porque agora só son unhas pintadas e insultos nun banco pero se este problema non se atalla, despois poden vir os insultos ou a violencia física como acontece noutros lugares contra as persoas do colectivo LGBT”. Pérez Barral considera que o Concello de Ribeira, ademais de restaurar todos os bancos, debe dar “un paso adiante para atallar estes ataques feitos por unha minoría covarde e intolerante”. Así, o BNG de Ribeira pediu ao Goberno local que se volva lucir a bandeira do orgullo LGBT na Casa Consistorial como “acto simbólico e de concienciación” e que “se fagan campañas de educación afectivo-sexual nas que se promova a tolerancia e o respecto cara ás persoas”.

Outros artigos

Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...