O BNG pide á Xunta que inicie as xestións para liberar ao patrón do Cobija, Pablo Costa

18 Agosto 2021

A portavoz de Pesca do BNG, a pobrense Rosana Pérez, vén de preguntar ao Goberno galego polas xestión realizadas para liberar ao patrón do buque Cobija, Pablo Costa, retido no Iemen dende hai 11 meses e “nunha situación de emerxencia por carecer do necesario para cubrir as súas necesidades básicas”.

A deputada vén de rexistrar diversas iniciativas e urxe á Xunta a realizar as xestións precisas para a liberación do patrón, Pablo Costa. “A estas alturas, e tras 11 meses retido”, afirma a nacionalista, descoñecemos as accións do Goberno galego e si mostrou algún interese polo patrón e a súa familia”.

Rosana Pérez explica que o 26 de setembro do ano 2020, o buque Cobija (inicialmente de bandeira boliviana e logo somalí) fondea, coa correspondente autorización do Goberno iemení, no porto de Al Mukalla dese país. “Dende ese momento, once meses despois, aínda permanece alí, retido e nunha situación insostíbel”, sinalou a voceira do BNG, engadindo que “tras ser acusado por Australia de pesca ilegal e retidos en Al Mukalla, foron xulgados e condenados a tres meses de arresto, que xa cumpriron”.

Rosana Pérez tamén recorda que a única persoa que foi evacuada do barco foi o primeiro oficial, de nacionalidade rusa, despois de poñerse en contacto co seu consulado. Pola súa parte, “o patrón galego está a vivir unha situación límite”, co progresivo deterioro do buque e o seu aparataxe, falla de hixiene, atención médica, e mesmo alimentos e auga, ao que hai que sumar a “inoperatividade manifesta do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación (MAEC) español e a Dirección Xeral de Españois no Exterior e Asuntos Consulares do MAEC), que limitáronse, ata o de agora, apenas a facer chamadas telefónicas e a desembarazarse do caso mesmo recomendándolle ao patrón que buscase pola súa conta un avogado e un tradutor”.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.