O BNG apoia a mobilización en defensa da Planta de Reciclaxe de Lousame

27 Agosto 2021

O BNG quere amosar o seu firme apoio ao persoal da planta de reciclaxe de Servia, en Lousame. Os representantes do BNG en todas as localidades que forman parte da ‘Mancomunidade Serra do Barbanza’ coinciden en sinalar que “non se poden poñer en risco os postos de traballo dependentes da planta de reciclaxe” e tamén “na necesidade de que as diferentes administracións mostren implicación para que se acometan os investimentos necesarios para a mellora da planta.
A reivindicación do persoal da planta terá lugar o vindeiro domingo, partindo ás 11h do porto deportivo de Portosín e continuando ás 12h cunha manifestación que irá dende a igrexa de Noal ata o consistorio do municipio de Porto do Son.
Dende a formación nacionalista queren convidar a que toda a veciñanza mostre o apoio ao persoal laboral nunha cuestión que o BNG entende “prioritaria para un futuro sustentable na nosa área xeográfica”. O BNG insiste tamén “na necesidade de apostar por un modelo descentralizado e sustentable na xestión dos residuos como o que representa a planta de Servia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.