“Non é nada novo: simple repetición, un ano máis”. Antón Luaces

Todo vello. Para algúns, a relembranza da “guerra do bonito” con La Gabrielle como co-protagonista dun enfrontamento que, por sorte, non foi a maiores. Daquela eran as cortinas da morte; hoxendía, o arrastre peláxico que, en augas do Cantábrico Noroeste -mesmo por dentro das doce millas de obrigado respecto- donde, en poucos días, deixarán de pescar as frotas de baixura galega, asturiana, cántabra e basca mentras que os barcos franceses ou irlandeses coma o “Rachel Jay”, o “Bougainville” ou o “La Perouse”, seguen a faenar sen ocultar o pavillón de bandeira que non é, nen moito menos, español.

Pesqueiro Boungainville

 Aos españois -que teñen prohibido o uso do arrastre peláxico- sanciónannos os inspectores comunitarios, os inspectores da Secretaría General de Pesca, os inspectores das comunidades autónomas, a Garda Civil do Mar… pero aos barcos irlandeses e franceses que desgrazan por completo as mandas de bonito e calquera otro peixe que cae nos seus aparellos, nen siquera se lles chama a atención aínda que existen máis que evidencias de que, por exemplo, están a usar ese arte absolutamente depredador a pouco máis de seis millas da costa española (como é fácilmente comprobable nunha das fotografías que obarbanza.gal lles ofrece). Tamén este xornal fai chegar a vostedes, os lectores, imaxes do estado no que chegan ás lonxas do Cantábrico español os bonitos capturados polos peláxicos irlandeses, lonxas nas que se subhastaron sen maís problema que o derivado da competencia doutros barcos asimesmo irlandeses que utilizaron idéntica “arte” de pesca.

Os barcos irlandeses e franceses afirma a Unión Europea que teñen dereito a pescar en augas da propia UE con arrastre peláxico que nos seus respectivos países é de uso autorizado. Os do Cantábrico Noroeste non poden facelo porque España prohibe o arrastre peláxico. Pero a UE e España non prohibe a eses barcos comunitarios a venda nas lonxas do Cantábrico das súas capturas de bonito con redes peláxicas. Nen siquera por dúbidas derivadas do estado sanitario no que as pezas vendidas aquí se atopan e que se pode comprobar tamén na fotografía que ilustra esta crónica.
A lonxa de Xixón ven de ser testemuña da descarga, esta fin de semana, de 60.000 quilos de bonito capturado polos arrastreiros irlandeses “Ocean Pioneer” e “Rachel Jay S.448”. Ambos os dous buques empregaron para a captura dese bonito vendido na cidade asturiana, artes peláxicas e o sector pesqueiro asturiano arde en indignación.

O presidente da Federación de Confrarías Asturianas, Afolfo García Méndez, advertiu á lonxa xixonesa de que non volvese a permitir a descarga das frotas que empregan ese tipo de arte tan destructivo e prexudicial para a frota asturiana, que utiliza artes selectivas. As demáis lonxas de Asturias rexeitan as descargas deses barcos, pero a de Xixón debe ter algún tipo de bula, polo que se lle solicitou que cumpra como as demáis rulas e que os barcos irlandeses e franceses vendan nos seus territorios o que capturan alegalmente en augas do Cantábrico Noroeste, se é que van poder continuar aquí.

A maior abundamento, ás 18:00 horas do pasado sábado, buques irlandeses faenaban ao arrastre nas inmediacións de Avilés. Cando viron que pesqueiros locais poñían proa a eles, meteron o copo a bordo e sairon fóra das 12 millas. Estiveron en arrastre dentro da zona protexida polo menos tres horas e, para maior escarnio, en horas diurnass, cousa que tampouco está permitida. A torre de control de Xixón semella que non se enterou e tampouco hai un buque de inspección de pesca -dos moitos que sancionan aos barcos das catro comunidades autónomas do norte e noroeste español- que, cando menos, multara aos barcos transgresores desa norma internacional que é o respecto ás 12 millas  que son da exclusiva responsabilidade do país costeiro.

É máis: a Axencia Europea de Seguridade Marítima (EMSA) con sede en Vigo, dispón de polo menos un dron que controla o tráfico marítimo, a prevención da contaminación e a protección dos recursos pesqueiros nas costas de Galicia. Compre pensar que, xa que non hai buques de Inspección Pesqueira que impidan  esta constante violaciòn das augas españolas por parte de barcos estranxeiros, que sexa un dron comunitario o que poña as cousas no seu sitio e impida a repetición deste tipo de actos.  Coidan, talvez, que os gardapesca irlandeses ou franceses ían consentir que barcos españois cometeran nas augas destes países as tropelías que os deles cometen en augas españolas?.E ninguén dí nada, ninguén actúa, ninguén sanciona. Con permiso, unha coña.