Morre un motorista da Garda Civil nun accidente en Catoira

10 Agosto 2021

Garda Civil e Policía Nacional expresan as súas condolencias pola morte dun axente de Tráfico en accidente en Catoira

Un motorista da Garda Civil faleceu na mañá deste martes nun accidente de tráfico rexistrado no termo municipal de Catoira.

Segundo informaron fontes do 112 este sinistro tivo lugar no quilómetro 4 da estrada EP-8001 ao seu paso pola zona de Dimo, en Catoira.
O 112 recibiu o aviso da Garda Civil e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 deste accidente. Debido a este sinistro, foi mobilizado o helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero só puideron confirmar o falecemento no lugar.

Así mesmo, mobilizouse aos Bombeiros de Vilagarcía, ao GES de Padrón, aos membros de Protección Civil de Catoira e ao persoal de mantemento da vía. No lugar do sinistro, os medios de emerxencia só puideron confirmar o falecemento do motorista.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.