Mércores con apertura de claros pola tarde e ascenso térmico. Semana inestable ata o domingo

03 Agosto 2021

O mércores quedaremos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, coa fronte retirándose de Galicia durante a mañá. Amenceremos así con ceos moi nubrados en xeral e chuvias de carácter feble. Pola tarde a tendencia será a apertura de grandes claros. As temperaturas mínimas ascenderán moderadamente e as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará de compoñente oeste frouxo, con intervalos moderados no litoral norte.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento variable á mañá e á noite e do oeste á tarde, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 2 á noite. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade mala á mañá, boa á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar01:512.8 m
Baixamar08:051.4 m
Preamar14:232.9 m
Baixamar20:451.4 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar01:452.7 m
Baixamar07:531.5 m
Preamar14:162.9 m
Baixamar20:351.4 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar01:502.7 m
Baixamar08:001.4 m
Preamar14:212.9 m
Baixamar20:401.4 m

* As horas están en horario local.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.