Medio Rural activa Conta Láctea, a aplicación que axuda aos gandeiros na súa actividade

04 Agosto 2021

O sector gandeiro conta xa cunha aplicación móbil creada de maneira específica para facilitar a xestión das explotacións e que ten, entre outras vantaxes, a de incrementar o seu potencial negociador respecto dos prezos do leite. A ferramenta foi dada a coñecer este 4 de agosto na Cidade da Cultura polo conselleiro de Medio Rural, José González, quen lembrou que xa se pode descargar a través da páxina web de seu, www.contalactea.gal. Foi desenvolvida por Medio Rural e a Fundación Juana de Vega.

Na súa intervención, o conselleiro destacou que con “esta ferramenta os produtores non só poderán calcular os seus custos de produción e así incrementar a súa rendibilidade, senón que poderán tamén mellorar esa posición nas negociacións dos prezos”. Trátase, engadiu González, “dunha aplicación posta á enteira disposición do sector para cubrir unha das necesidades detectadas a través da estratexia de dinamización do sector lácteo: a mellora da xestión económica das explotacións”.

O conselleiro explicou que esta ferramenta constitúe “un instrumento definitivo para que os gandeiros poidan defender, desde a mellor posición posíbel, os seus intereses, mellorando a súa posición dentro da cadea de valor da produción de leite”. Engadiu que se trata dunha ferramenta útil e efectiva para negociar os prezos e, en xeral, “para mellorar a xestión das explotacións, así como sinxela, intuitiva, accesíbel e manexábel por e para todos”.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.