Masterclass de CONGALSA dirixida ao alumnado do obradoiro de cociña O Pote II

21 Agosto 2021

Este luns 23 de agoto o obradoiro de emprego O Pote II ten programado coa empresa Congalsa a celebración, por segundo ano consecutivo, dunha Masterclass na Escola Municipal de Hosteleria sita no 2º andar do Mercado Municipal de Ribeira.
A Masterclass, que terá lugar de 11.30 a 13.30 horas, será impartida na escola taller polo persoal de I+D+I e Marketing da empresa de produtos precociñados do mar Congalsa S.L., na que os cociñeiros de dita entidade amosarán ao alumnado cómo se debe realizar correctamente o proceso de cociñado e empratado de productos.
A marca escollida para realizar a exhibición culinaria é Ibercook Food Service, unha das máis emblemáticas da compañía e os productos serán:

  • Mini rollitos de primavera
  • Burger de Apo
  • Boquerón enharinado / tempura
  • Bocata de calamares / chipirones
    A actividade pretende dar resposta á necesidade de conectar a formación co mundo laboral e enmarcase dentro do certificado de profesionalidade de Operacións Básicas de Cociña (HOTR0108).
    Competencias profesionais
    Cómpre lembrar tamén que o pasado venres O Pote II qcoleu un Taller de competencias profesionais para a fixación de obxectivos, impartido polo docente Rafael Vázquez, economista da Fundación Ronsel. O alumnado – traballador adquiriu técnicas e ferramentas orientadas a conseguir obxectivos e metas profesionais, especialmente para cando rematen a súa formación e comecen a súa andaina no mundo laboral.
    O Programa de Emprego “O POTE II”, comezou o pasado 15/11/2020 e rematará o vindeiro 14/11/2021. O POTE II é un programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas participantes, neste caso, 15 moz@s incluídas no ficheiro do sistema nacional de Garantía Xuvenil, promovido polo

Concello de Ribeira, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...