A situación meteorolóxica deste derradeiro día de agosto quedará marcada por unha situación indefinida en superficie e a entrada de aire frío en capas medias e altas da atmosfera. Isto deixará os ceos con intervalos de nubes medias e altas e chuvascos tormentosos a partir do mediodía, estendendose tamén na madrugada do mércores. Repetiranse as brétemas no litoral atlántico. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do nordés no extremo norte e frouxos variables no resto, con réxime de brisas no litoral atlántico pola tarde.

O NOSO MAR: Vento variable á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 0.5 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 04:40 | 1.6 m |
| Preamar | 11:13 | 2.7 m |
| Baixamar | 17:37 | 1.6 m |
| Preamar | 23:55 | 2.6 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 04:32 | 1.6 m |
| Preamar | 11:03 | 2.7 m |
| Baixamar | 17:33 | 1.7 m |
| Preamar | 23:49 | 2.6 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 04:35 | 1.6 m |
| Preamar | 11:09 | 2.7 m |
| Baixamar | 17:38 | 1.6 m |
| Preamar | 23:52 | 2.6 m |
* As horas están en horario local.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



