Mar presenta unha nova convocatoria de axudas para mellorar instalacións portuarias

10 Agosto 2021

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou na mañá deste 10 de agosto o porto de Fisterra para comprobar as melloras introducidas nos seus equipamentos nos últimos tempos e informar das axudas que ten o sector á súa disposición para seguir avanzando neste ámbito transformador. Alí Quintana lembrou que Mar aprobou este ano 55 proxectos presentados polas confrarías de pescadores para modernizar os portos, lonxas e lugares de desembarque.

O orzamento total destas iniciativas supera os 2,5 millóns de euros e con eles a Xunta leva investidos desde 2016 máis de 10 millóns de euros en achegas para máis de 330 actuacións deste tipo.

Quintana tamén fixo saber que a Xunta publicará esta mesma semana unha nova convocatoria de axudas para proxectos de innovación impulsados por organizacións de produtores da pesca (OPP), cooperativas, asociacións profesionais de persoas mariscadoras a pé, asociacións profesionais de redeiras e confrarías de pescadores. Serán 800.000 euros. Os proxectos a subvencionar poden selo ao 100% e deben ter entre os seus obxectivos mellorar a eficiencia enerxética das instalacións (modernizando os sistemas de iluminación) ou incorporar equipamentos que contribúan á protección do medio ambiente (proxectos de enerxía fotovoltaica nas instalacións destinados ao autoconsumo). Entre as finalidades das actuacións tamén está a mellora da seguridade e das condicións de traballo das persoas pescadoras, o incremento da calidade, do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados e a modernización de infraestruturas portuarias pesqueiras mediante obras para crear novos espazos nos inmobles, adaptar os chans ou mellorar o seu illamento, entre outras.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.