Luns con sol e temperaturas en ascenso

01 Agosto 2021

O luns Galicia recuperará transitoriamente a influencia anticiclónica e con presencia de aire frío en altura. Deste xeito, as nubes matinais iranse desfacendo quedando unha tarde de ceos pouco nubrados en xeral, con formación de nubes de evolución e algún chuvasco nas áreas de montaña. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo de compoñente norte, máis intenso entre a Costa da Morte e as Rías Baixas pola tarde e zonas altas do interior.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 4 á mañá, 4 a 6 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá, forte marusía á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 0.5 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar05:501.5 m
Preamar12:172.7 m
Baixamar18:351.6 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar05:411.5 m
Preamar12:082.7 m
Baixamar18:251.6 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar05:461.5 m
Preamar12:132.7 m
Baixamar18:301.6 m

* As horas están en horario local.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.