“Hoxe 4 anos. Don Cesareo”. Manuel Domínguez

11 Agosto 2021

Trinta e oito anos, bautizando, celebrando nupcias e o máis triste, enterros.

Tras 38 anos de labor pastoral o cura do pobo deixa o seu posto, as inclemencias do tempo, o coñecemento do labor cumprido, e a chamada do reloxo biolóxico di, até aquí.

D. Cesáreo, o noso sacerdote, non abandona, non dimite, ser sacerdote non é unha profesión onde unha lei do estado dá por xubilarte, sacerdote, é unha chamada, un sentimento de servizo, unha entrega, unha dura entrega diría eu.

Cando rapaz fun amigo de dous coadxutores, D. Fernando e Tonecho, así lle chamaban, eran dous novos sacerdotes, dous amigos, dúas persoas coas que compartín un tempo, confidencias e algúns refrixerios.

Pero hoxe toca falar de D. Cesáreo, unha vida entregada ao pobo de Santa Uxía de Ribeira, falar do anverso, xa haberá outros que falen do reverso.

Hai cousas que por prudencia, por orixe debo manter no anonimato, desexaría que nestes momentos esas voces que un día recibiron unha palabra de consolo, un mendrugo de pan, hoxe publicamente dixesen “grazas D Cesáreo, outra cousa non podo darlle, só teño a palabra e pouco máis, pero aquí o meu recoñecemento”. A ben seguro lle reconfortara, no máis profundo agradecerao, é bo recibir recoñecemento.

A aldaba ou picaporte, chama, adiante, adiante! Unha parella de mozas entran, piden ao sacerdote, que realice as funcións de unirlles en matrimonio, non se coñecen, despois dun breve dialogo, bautizados aos dous meses, de nacer como membros desta comunidade, hoxe trinta anos despois, a segunda vez que pisan as pedras do tempo.

Aí déixoo.

Finalizando só direi, Don Cesáreo, nesta nova singradura que realiza, nestes tempos de outono, deséxolle que os ventos do Olimpo lle sexan propicios.

manueldominguez.eslavozdelaemigracion.es

20141120 Inauguración Museo Parroquial de santa Uxía. Monseñor Xulián Barrio e Cesáreo Canabal

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...