Final 8ª proba Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica

29 Agosto 2021


Foto: Juan Caballero

A Golada recibiu aos pilotos da Real Federación Galega de Motonáutica que tomaban parte na oitava proba
do Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica.
Os noieses Pepe Barrio e Pilar Sarmiento postúlanse como claros favoritos ao triunfo final, que chegará no mes de outubro coa última cita, tras a que se celebre en Baiona o próximo 25 de setembro.
A da Golada foi o seu sexto triunfo parcial, tras os éxitos cultivados en Portosín, Outes, Ares, Goián e Bouzas, en Vigo. Tan só as mangas disputadas en Cabo de Cruz – Boiro e a ourensá de Castrelo de Miño foron para os vigueses José Luís Álvarez e Oswaldo Davila. Profeta na súa terra foi o segundo clasificado, o agolense Alejandro Ferradás, que co seu copiloto Joaquín Barrio leváronse a prata. Terceiros foron os tamén noieses Joaquín Barrio Guldrís e Joaquín Barrio Bouzas.
O denominador común do podio é o que os tres banzos estiveron por baixo dos 700 puntos, sendo a clave os 615 do posto dourado, os 636 do da prata (tan só a 21 puntos) e os 668 do bronce.
O dominio do tempo medio empregado en cada manga e a destreza nas probas de habilidade seguen marcando o campionato.

Foto: Juan Caballero

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...