Feijóo louva o modelo turístico galego no remodelado Faro de Lariño (Carnota)

31 Agosto 2021

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, visitou este martes 31 o Faro de Lariño, no concello de Carnota. Na súa visita, aproveitou para enxalzar o modelo de turismo galego: “Un turismo seguro e tranquilo como unha fortaleza e unha oportunidade para reactivar a economía e xerar emprego”.

Feijóo tamén salientou o grande esforzo feito durante o inverno e a primavera por parte de todos os galegos, “especialmente o sector turístico e hostaleiro”, para “que Galicia fose este verán unha das comunidades con mellor comportamento turístico de España”, sinalou, engadindo que estes vimbios fixeron realidade este ano un importante incremento no número de viaxeiros, do 81%, con respecto ás cifras acadadas o ano pasado.

O presidente da Xunta destacou tamén que o proxecto de converter o Faro de Lariño nun hotel singular supón “un exemplo máis dese turismo de calidade polo que aposta Galicia” e que, ademais, “pon en valor un recurso tan importante e tan icónico como son os faros”.

Feijóo abordou a oportunidade que suporía poder rehabilitar toda a arquitectura tradicional que existe no litoral galego e que é previa á Lei de Costas, como as conserveiras ou as fábricas de sagadura. “É unha proposta razoable que Galicia queira poñer en valor os centos de edificacións tradicionais da costa galega como recursos turísticos, hostaleiros e de restauración”, insistiu.

Outros artigos

Falece un motorista que se accidentou en Carnota

Pasadas as 21:40 horas do sábado, un particular informou ao 112 Galicia de que acababa de atopar unha moto accidentada fóra da estrada á altura do quilómetro 87 da AC-400, en Santa Comba (Carnota). O implicado estaba a carón do vehículo e precisaba asistencia...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.