FACSA desembarca cun contrato de saneamento en alta e depuración na EDAR de Couso e Corrubedo

26 Agosto 2021
C.R.

O Concello de Ribeira e FACSA veñen de formalizar o contrato polo que se adxudica a esta segunda o servizo de operación e mantemento para os sistemas de saneamento en alta e depuración asociados á EDAR de Couso e á
EDAR de Corrubedo, por un importe de 3.368.919,15 euros e un prazo de execución de tres anos, prorrogable un ano máis, ata completar un máximo de catro anos, e que comezará a surtir efectos a partir do próximo 1 de outubro.
O alcalde Manuel Ruiz, o director xeral de FACSA José Claramonte, e Luis Basiero como director de saneamento e depuración, estiveron presentes nun acto no que Ruiz Rivas transmitiu a súa ilusión por poder rubricar un contrato que lles vai supoñer aos veciños unha redución nas súas taxas de saneamento (comezarán a sentilas nos seus recibos dende o 2022) e manifestou a súa confianza en que resulte frutífero tanto para o Concello como para a empresa, da cal salientou a alta valoración que lle mereceu aos técnicos a súa oferta.
As instalacións adscritas ao contrato —o primeiro que FACSA vai xestionar na comunidade autónoma de Galicia— dan servizo a unha poboación de 27.000 habitantes e serán atendidas por un equipo conformado por nove persoas. Traballarán na EDAR de Couso —dimensionada para un caudal medio de 7.805 m³/día (caudal máximo 1.238 m³/ h) e unha poboación de 32.500 habitantes equivalentes— e na EDAR de Corrubedo —dimensionada para un caudal medio de 1.465 m3/día (caudal máximo 180 m³/ h) e unha poboación de 7.326 habitantes equivalentes—.
Desde o punto de vista tecnolóxico, o servizo beneficiarase do potencial da compañía que, baixo a nova marca Waternology, achegará diferentes solucións dixitais aplicadas á xestión intelixente do ciclo integral da auga. Estas solucións, baseadas en tecnoloxías como o Big Data, a Intelixencia Artificial e os Xemelgos Dixitais, favorecerán a xestión dos activos, a monitoraxe e o telecontrol das operacións, así como a xestión, análise e simulación intelixente de
datos.
A sustentabilidade ambiental das instalacións é outro dos aspectos que se verá reforzado, coa incorporación de novas medidas enfocadas á optimización da eficiencia enerxética das instalacións, algunhas cun alto grao de innovación. E é que a eficiencia enerxética é unha das liñas de investigación de maior peso na compañía. No que se refire á calidade do aire, a nova xestora ha adquirido un forte compromiso para reducir a Pegada de Carbono, por exemplo, cunha dotación de vehículos “Cero”, a aposta pola enerxía de orixe renovable ou a campaña de sensibilización nesta
materia.
Doutra banda, a fin de garantir a preservación da calidade ambiental da contorna, así como de diminuír os cheiros que puidesen proceder das instalacións, aspecto fundamental se temos en conta o atractivo turístico do Concello de Ribeira, FACSA poñerá ao servizo da sociedade a súa experiencia e coñecemento no desenvolvemento de estudos relativos á redución de cheiros nas instalacións, análises de verteduras mediante técnicas de simulación avanzada, avaliación de presenza e rendemento de eliminación de microcontaminantes emerxentes, patóxenos e microplásticos mediante a tecnoloxía CFD.
Parte destes traballos realizaranse desde Hydrens, a liña de negocio da compañía de Grupo Gimeno especializada en ofrecer solucións tecnolóxicas innovadoras baseadas na mellora do comportamento dos fluídos para aumentar o rendemento dos procesos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.