Este venres non Son, concerto con Rocío Soto, Joselu Manteca, Mar Rodríguez e Pepe Corradini

O programa cultural do Concello de Porto do Son é este verán unha fonte inesgotábel de espectáculos e citas para todos os públicos, idades e tendencias.

Este venres 20 de agosto terá un dos seus puntos álxidos na praza de España da vila sonense, coa actuación de Rocío Soto, Joselu Manteca, Mar Rodríguez e Pepe Corradini. Será a partir das 22.00 horas.