Ribeira clausura este domingo a XVI edición de Viamare Stock

15 Agosto 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira celebra ata este domingo a 16 edición da feira Viamare Stock de Oportunidades, un dos grandes acontecementos comerciais e sociais da tempada na nosa comarca e na xeografía galega. O evento é novamente na explanada do porto da cidade. Inaugurouse oficialmente este venres, coa apertura oficial de representantes políticos e empresariais no recinto da feira.

Será, unha vez máis, unha edición marcada pola COVID-19 e a necesidade de compatibilizar a afluencia de visitantes e a seguridade sanitaria. Deste xeito, no canto de realizarse nunha única carpa, cada establecemento participante vai ter un espazo de seu particular. Estas carpas individuais estarán separadas entre si, ocupando un espazo aberto na explanada do porto de Ribeira, na mesma localización que en anos anteriores.

Na presentación da feira celebrada a comezos de agosto, a Asociación de Empresarios fixo saber que o recinto contará cunha entrada e cunha saída independentes, con varios lugares de dispensación de xel desinfectante e luvas e cun vixiante de seguridade que controlará o aforo e o uso obrigatorio de máscara para a entrada ao recinto.

O evento terá unha participación de 21 establecementos, dun amplo número de sectores como poden ser: moda e complementos, deportes, zapaterías, moda infantil, puericultura, agasallos….. “Este número de participantes reforza e consolida esta feira como a máis importante da comarca do Barbanza”, explicou o presidente da patronal de Ribeira, Francisco Martínez Gude, quen quixo salientar a implicación (un ano máis) de entidades como o Centro de Día de Alzheimer de Ribeira Agadea, que asumiu a decoración das carpas, tarefa que realizaron os usuarios do centro utilizando material de refugallo. “Nós colaboramos con eles facendo publicidade do labor que están desenvolvendo e visibilizando o seu traballo. Estamos encantados de darlle visibilidade un ano máis ao traballo que realizan os nosos maiores”, engadiu o presidente da Asociación de Empresarios.

No porto de Ribeira

A localización da feira será como cada ano, a explanada do porto de Ribeira, e a duración será de venres a domingo de 11:00h a 22:00h o venres, de 10:00h a 22:00h o sábado e de 11:00 a 21:00h o domingo. Entre os grandes reclamos do evento figuran “os grandes descontos dos 21 establecementos que participan”, engadiu Martínez Gude, quen agradeceu a colaboración do Concello de Ribeira “que outro ano máis axuda ao pequeno comercio nestes momentos tan complexos que está vivindo o sector, dándolle saída aos stocks de tempada co apoio deste tipo de iniciativas”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...