Este sábado celébrase en augas de Ribeira a Regata Escola de Vela Ramiro Carregal

27 Agosto 2021

Este sábado 27 de agosto celebrarase en augas de Ribeira a cuarta edición da Regata Escola de Vela Ramiro Carregal Rey, cuxa saída está programada para as 13.00 horas dende a sede do Club Náutico, entidade organizadora da proba deportiva, estando previsto o seu remate para arredor das 17.00 horas.

Procederase á entrega de premios no salón de actos do Club Náutico, situado no segundo andar da sede da entidade, ás 18:00 horas. Contarase coa presenza do presidente de honra do club, o empresario local Ramiro Carregal, xunto co presidente da entidade, José Luís Torres Colomer, entre outros representantes das institucións e do deporte náutico local, comarcal, galego e estatal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.