Este 27 de agosto abre as súas portas en Vilanova a Festa da Conserva

26 Agosto 2021

Vilanova de Arousa celebra a partir deste venres 27 (e até as 23.00 horas do domingo 29 de agosto, baixo estritas medidas de seguridade e hixiene), a segunda edición da Festa da Conserva, un evento que busca promover as conservas e produtos elaborados do mar estratéxicos para a economía de Galicia, recoñecendo “o saber facer dunha industria clave no desenvolvemento socioeconómico da nosa terra”.

A inauguración está prevista para as 13.00 horas do venres, cun acto institucional que contará coa presenza de Rosa Quintana, conselleira do Mar, Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova, e Juan Vieites, secretario xeral de ANFACO-CECOPESCA, entidade co-impulsora deste evento xunto coa Consellería do Mar e o Fondo Europeo e Marítimo da Pesca (FEMP). Organiza o Concello.

Baixo o slogan Cata a Lata, a asociación empresarial ANFACO promocionará as conservas de peixe e marisco desde a súa caseta, situada nas proximidades do xardín Umbrío, fronte ao Consistorio, a través de degustacións da ampla variedade da oferta de peixe e marisco en conserva. Amais, celebrará unha demostración gastronómnica o domingo 29 de agosto ás 19:30 horas, que será desenvolvida polo chef Yayo Daporta.

Ademais, estas accións gastronómicas compleméntanse con actividades de divulgación co obxecto de informar as propiedades nutricionais e beneficios do consumo de peixe e de conservas, o papel da industria así como o traballo de ANFACO-CECOPESCA e o seu centro tecnolóxico.

Estarán presentes unha parte moi relevante das empresas asociadas, como Conserveira Gallega; Conservas Roma; Antonio Pérez Lafuente; Conservas Dardo; Conservas Antonio Alonso; Conservas Friscos; Pescados Rubén e Aceites Abril.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...