En Ribeira xornada formativa sobre competencias profesionais do Obradoiro O Pote II

19 Agosto 2021

O obradoiro de cociña O Pote II vai celebra este venres de 9 a 11 horas na Escola Municipal de Hostalería no mercado municipal un Taller de competencias profesionais para a fixación de obxectivos, impartido polo docente Rafael Vázquez, economista da Fundación Ronsel.
A xornada formativa está relacionada coa materia que actualmente se está impartindo no módulo transversal de Orientación, Información profesional, Formación empresarial e Asesoramento.
Trátase de que o alumnado – traballador adquira técnicas e ferramentas orientadas a conseguir obxectivos e metas profesionais, especialmente para cando rematen a súa formación e comecen a súa andaina no mundo laboral.
O Programa de Emprego “O POTE II”, comezou o pasado 15/11/2020 e rematará o vindeiro 14/11/2021.
O POTE II é un programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas participantes, neste caso, 15 mozos incluídos no ficheiro do sistema nacional de Garantía Xuvenil, promovido polo Concello de Ribeira, subvencionado pol a Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado pola
Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.