En Lousame comezan os cursos gratuítos de actividades de tempo libre en inglés para nenos e nenas cun cheo total nas tres quendas

03 Agosto 2021

Impartidas no local social do Sanguiñal por Ebru Karaca e Dilara Güven, voluntarias turcas chegadas a Lousame a través do proxecto europeo “Actividades interxeracionais de voluntariado”

Un total de dezaseis nenos e nenas de Lousame, de entre 5 e 6 anos de idade, abriron hoxe a primeira quenda dos cursos gratuítos de actividades de tempo libre en inglés, ideado por Ebru Karaca e Dilara Güven, as dúas voluntarias turcas chegadas a través do proxecto europeo “Actividades interxeracionais de voluntariado”. Uns cursos que se
organizan por primeira vez e que encheron as prazas dispoñibles nas tres quendas.
Unha iniciativa que comezou hoxe no local social do Sanguiñal (Tállara) en horario de 10:30 a 13:30 horas. A concelleira de Ensino, Silvia Agrafojo; o concelleiro de Relacións Veciñais, José Antonio Ces, e o técnico de Voluntariado de Lousame, Xosé Manuel Outeiral, achegáronse ata o Sanguiñal para compartir parte da sesión. “É unha forma moi divertida de aprender e lembrar o inglés aprendido no colexio a través de xogos, música, manualidades e cancións. Unha iniciativa que temos que agradecer ás dúas voluntarias europeas”, sinala Silvia Agrafojo.
Esta quenda de 5 a 6 anos participará na iniciativa ata o vindeiro venres 6 de agosto. Despois chegarán outros 16 nenos e nenas de 7 a 9 anos (que estarán do 17 ao 20 de agosto) e remataremos cos 16 rapaces e rapazas de máis de 10 anos (do 24 ao 27 de agosto).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.