En Boiro intensifícanse os traballos de limpeza de beirarrúas

En Boiro o Concello informou de que estes días están a ter continuidade os traballos da brigada de servizos destinados a limpar as beirarrúas dos núcleos urbanos, “unhas tarefas que se intensifican durante o verán por motivos de salubridade e hixiene”. As operacións de limpeza, con maquinaria específica, increméntanse tamén pola ausencia de choivas, amais de polo incremento de poboación durante a época estival.

Faise especial incidencia na limpeza dos núcleos urbanos e en espazos con maior tránsito de persoas, así como no mobiliario urbano como son bancos, papeleiras e outros elementos ornamental, onde é precisa máis exhaustividade nas operacións, que se realizan de xeito diario.

Para levar a cabo este dispositivo especial de limpeza durante o verán, realizouse un estudo previo para detectar os puntos mais conflitivos seguindo as demandas veciñais.