Economía lanza novas axudas para a creación de plataformas de marketplace no rural

30 Agosto 2021

A Xunta, a través da Consellería de Economía, publicou este luns 30 no DOG a convocatoria de axudas para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural. En concreto, os concellos de menos de 10.000 habitantes, as federacións de comerciantes e os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), poderán acadar até 48.000 euros para os devanditos obxectivos. O prazo ábrese este martes 31.

O obxectivo da Xunta, que destina 800.000 euros a este programa, pasa “por impulsar accións de promoción comercial e de acceso a innovadores canles de venda a través da creación e lanzamento de plataformas de mercado en liña para produtos agroalimentarios no medio rural, co fin de darlles unha proxección de venda para adaptarse á nova demanda e perfil do consumidor”.

Economía enade que “este tipo de espazos dixitais supoñen un gran escaparate para a produción do sector primario, o que axuda a revitalizar as zonas rurais e introducir canles de venda que contribúan ao desenvolvemento, dinamización, expansión e competitividade”.

As actuacións que poderán optar a estes apoios deben estar relacionadas co deseño e desenvolvemento do marketplace (xestión das tendas e catálogos en liña, control de pedidos; adaptación ao móbil, ou técnicas de posicionamento SEO); a posta en marcha de campañas de mercadotecnia dixital e publicidade; a xestión da comunicación cos clientes e os pagamentos en liña; e o deseño e creación de produtos sustentábeis de packaging.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.