“Diplomacia versus Política” – Manuel Domínguez

30 Agosto 2021

A política vive nos altofalantes da publicidade, hoxe a primeira pedra, mañá inauguración, pasado outra inauguración, a diplomacia non, é silenciosamente calada, non goza de publicidade, recoñécella polos resultados.

José Manuel Albares, ministro de Exteriores tivo que sufrir, que non atendía a españois retidos noutros países, a cidadanía quere isto e agora, hoxe, senón onte, non entende do tempo de negociación, cal é a diferenza, pois que o ministro non é político é diplomático, e así nun cortísimo período de tempo logro a liberación de Pablo Costa Villar patrón do buque Cobija, retido 1 ano en Iemen.

Manuel Albares foi nomeado ministro o 10 de xullo, e neste curto período de tempo xa marca estilo, clase, como non podía ser doutra maneira, non é político é diplomático.

Entre un partido e outros, os seus membros poden dicirse de todo o habido e por haber, pero iso non é impedimento para que ambos compartan negocios xuntos, lembro o caso de Abel Matutes, a quen tiven a oportunidade de saudar en NY e Narcís Serra, en Cuba PP e PSOE danse a man, excelentes hoteis.

Gabriel Ferrán, embaixador español en Cabul que foi cesado polo Pedro, o 2 de agosto e a pesar diso quedou en Cabul até o ultimo momento, como bo capitán de navío, non abandona o barco, ata que o ultimo español estivese a salvo, hoxe recoñecido por todos, polo seu saber estar, a súa señoría malia ter sido destituído polo Sánchez, cal é a diferenza?, o porqué das cousas?, pois simplemente este señor Gabriel Ferran non é político, é diplomático.

Aquí en vida, en tempo real podemos ver dous exemplos que nos chaman a atención, o comportamento destes dous españois, que simplemente cumpren co seu traballo, que para iso foron preparados, chámanos a atención algo que debese ser habitual, pero non, estamos afeitos ver a triste realidade a través das actitudes políticas.

Vedes agora a diferenza entre actitudes políticas e diplomáticas, uns todo é sordina, outros son realidades, feitos consumados.

Lema da Carreira Diplomática: Pro Patria legatione fungimur, tamquam Patria exhortante per nos. Somos Embaixadores da Patria de tal forma que a Patria fálavos a través de nós.

Todo o país quedou estrañado da actitude, do modo de facer destes dous homes, é que son diplomáticos, non políticos.

Que grande seria España, se a deixasen libre

Outros artigos

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

+

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.