“Denigrante e inaceptable” a situación do capitán do Cobija

27 Agosto 2021

Publicada en redes sociais, a opinión do mariño e investigador F.P.C. resulta contundente: “Independentemente de que este capitán de Bueu sexa inocente ou culpable de pesca ilegal, nin el nin os seus compañeiros de tripulación merecen o total abandono que están a sufrir polos seus respectivos países. Paréceme denigrante e inaceptable”.

É, tamén, a opinión da inmensa maioría dos profesionais do mar, sexan de mariña mercante ou da pesca, que non atopan motivo algún que xustifique a retención no porto de Al Mukalla, no Iemen do Sur, dun pesqueiro cuxa casa armadora se desentendeu del e dos tripulantes. Estes, após nove días sen recibir alimentos e consumindo auga destinada ao váter do barco -que ferven varias veces previamente ao seu consumo e misturada con té e azucre- por fin foron visitados a bordo por un médico e un axudante deste, á vez que se lles distribuía unha pequena cantidade de alimentos  que agora a Federación Internacional de Traballadores do Transporte (ITF) tenta incrementar establecendo unha liña de subministración de víveres desde a súa central en Londres e o consignatario de buque en Al Mukalla, o porto no que permanece o Cobija. Este consignatario condiciona a subministración de alimentos á percepción do importe das débedas contraída con el pola armadora do buque somalí “Precision Shipping Services”, que se desentendeu absolutamente tanto do buque como da súa tripulación, capitán incluído.

 Este sábado, ás 11 da mañá, a veciñanza de Bueu -localidade pontevedresa na que reside a familia de Pablo Costas Villar, capitán do Cobija- vai concentrarse de novo para esixir, en solidariedade con Pablo Costas e a súa tripulación ·”atrapada en Iemen” que o Goberno de España “faga todo o que está na súa man para posibilitar a inmediata repatriación de Pablo Costas e a trintena de tripulantes do pesqueiro atrapado en Iemen”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...