En Ribeira corte de auga este martes tarde e mércores

O Concello de Ribeira informou de que as obras de renovación da rede xeral de abastecemento que se está a ultimar no parque Garcia Bayón van facer necesario realizar un corte de auga este martes día 10 de agosto ás 19 horas.

A interrupción no subministro durará até as 7 horas do mércores día 11 de agosto. Afectará ao abastecemento do centro urbano de Ribeira —principalmente nas zonas altas— e da parroquia de Castiñeiras.