Convocados os cursos gratuítos de certificados de lingua galega, CELGA, e de linguaxe administrativa galega nas escolas oficias de idiomas

15 Agosto 2021

A Xunta de Galicia vén de convocar novos cursos preparatorios para as probas de acreditación da certificación de lingua galega (Celga), así como de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña que se impartirán entre outubro deste ano e maio de 2022 nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia (EOI) das sete cidades.
As persoas interesadas en participar nestes cursos deberán realizar unha inscrición telemática a través do enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega, durante o prazo que vai do 1 ao 14 de setembro para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro) e do 4 ao 15 de xaneiro de 2022 para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Tanto os cursos preparatorios Celga (de 60 horas de duración) como os de linguaxe administrativa galega (de 75 horas) non teñen custo para o alumnado e pódenos solicitar aquelas persoas maiores de dezaseis anos, ou quen os faga en 2021, que desexen preparar as probas que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificaren a súa competencia en lingua galega, tal e como pode consultarse no Diario Oficial de Galicia.
No caso dos cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos aos empregados públicos das administracións autonómica, local ou da Administración periférica do Estado na comunidade agás o persoal docente e sanitario e, entre outros requisitos, deberán estar en posesión dalgún certificado como o Celga 4, os
cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, ou cursos básicos de linguaxe administrativa.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.