Comezaron as obras na fachada sur do Pavillón Polideportivo de Rianxo

11 Agosto 2021

O Concello de Rianxo informou do inicio das obras destinadas a mellorar a fachada sur do Pavillón Polideportivo municipal. As tarefas están a ser desenvolvidas pola empresa Romay e Fillos e consisten na optimización do illamento da dita vertente sur do inmóbel. A obra conta cun orzamento total de 36.574,46 euros dos que 29.259,56 euros son financiados a través dun convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello, na persoa do alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños.

O Concello prevé que os labores rematen no prazo de dúas ou tres semanas deste mes de agosto. Os traballos obrigaron á instalación dunha unha estada que ocupa parte da zona de aparcadoiro da piscina. Para a mellora térmica instálase un illamento SATE de 60 mm que facilitará a impermeabilización para un posterior repintado. Esta actuación forma parte dun proxecto máis completo que irá poñendo o día estas instalacións municipais en sucesivas fases que se inician resolvendo o illamento da fachada máis exposta a chuvia.

Outros artigos

Teatro Airiños organiza unha nova edición das Veladas de Primavera

A histórica compañía rianxeira Teatro Airiños vai organizar esta tempada tres fins de semana de actividades culturais na parroquia de Asados: as Veladas de Primavera. O ciclo desenvolverase na dita parroquia rianxeira, coa colaboración do Concello e máis da Deputación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

“25 abril medio século de história”. Manuel Dominguez

Este ano de 2024 celebramos meio século dende aquele Abril dos Cravos, Portugal era uma ditadura, os jovens capitães rebelaram-se e tomaram o poder, sendo um exemplo global ao entregar o poder ao povo.O contra-sinal do levante era “E depois doa deus”, depois a...