César Vilasánchez e Laura Hermo impóñense no Torneo de Tenis de Ribeira – CONGALSA

30 Agosto 2021

Na Pista do Canaveiro disputouse este domingo unha boa final entre César Vilasánchez (Ares-Ferrol) e o ribeirense Jorge Oujo, cunha clara vitoria para o xogador das rías altas.

Pese a que o xogador de Aguiño deu a cara en todos os xogos, non tivo sorte en ningún deles e cedeu por un 6-0/6-0 fronte a Vilasánchez.

Nas semifinais, o ribeirense apeaba do torneo ao xogador de Valga (Pontevedra) José Angel Méndez por 6-3/6-2, mentres o de Ares se desfacía de outro ribeirense: Carlos Lijó por un 6-0/6-2.

No torneo feminino, a boirense Laura Hermo vencía nun partido longuísimo e agónico á madrileña Noelia Redondo por 6-7/7-6/10-2. Polo camiño en semifinais cedían a viguesa Lucía Rodríguez e a boirense Irene Lago.

O torneo disputouse entre os polideportivos de Sirves, Artes, Palmeira e as pistas do Canaveiro, onde se xogou a final, e durou case que dúas semanas, contando con 24 xogadores e xogadoras chegados dende distintos lugares de Galicia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...