CEMMA require o peche da praia de Ornanda polo comportamento dos bañistas co arroaz Confi

16 Agosto 2021

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños solicitou o peche do areal de Ornanda, en Porto do Son, polas malas prácticas levadas a cabo polos bañistas en relación ao arroaz Confi, cuxa presenza na ría de Muros e Noia converteuse xa é habitual. A solicitude pediuse malia os repetidos chamamentos da plataforma ambiental para que se deixe de acosar ao cetáceo, unhas prácticas que seguen a repetirse estes días e que non só achegan un risco potencial (e real) para a xente das praias que quere interactuar co mamífero, senón tamén para este, porque é un animal libre e salvaxe que pode ver alterados negativamente os seus hábitos por mor dun contacto excesivo co ser humano. As recomendacións da coordinadora téñense sumado ás dos membros de Protección Civil dos nosos concellos.

A respecto de todo o devandito e do escaso éxito que tiveron as recomendacións entre a cidadanía, a plataforma galega advirte o seguinte: “Diante deste comportamento incívico dunha parte do público a CEMMA adoptará unha serie de medidas escalonadas que van dende o local ao estatal, pois as competencias sobre o caso están divididas en función do uso da praia (concello), condicións do marisqueo (Xunta) ou competencias en materia de conservación de especies (Xunta e Estado)”.

Para a coordinadora, non hai dúbida de que se trata dun claro caso de acoso a un individuo dunha especie protexida, “con decenas e centos de persoas aproximándose na procura de contacto”, o que se suma “á rotura das recomendacións COVID onde esas persoas se congregan ao seu arredor sen respectar minimamente a distancia de seguridade nin máscara (medidas básicas COVID), o que pode contaxiar mesmo ao propio animal dado que é un mamífero e por tanto pode sufrir as mesmas enfermidades que os mamíferos terrestres”.

Ademais, a organización quere recordar que “os humanos que entran en contacto co arroaz tamén poden ser contaxiados de pneumonía e de enfermidades víricas epidérmicas, algunhas das cales foron xa comprobadas na pel do arroaz. Máis aínda cando o contacto cos humanos esta a provocar diversas feridas, sobre todo na cara e parte anterior do corpo, que poden agravas esta situación”.

E conclúe a plataforma: “Cada persoa que contacta fisicamente con Confi é un día menos da súa vida libre, a cada contacto perde o interese de voltar cos seus. Non se mantén o máis mínimo respecto cara ao cetáceo, a pesar das recomendacións visíbeis a través dos carteis que o concello ea CEMMA colocaron nos portos e praias”.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.