“Caridade ou solidariedade”. José Manuel Pena

04 Agosto 2021

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só danlle unha bolsa con alimentos básicos para quince días” . Este é un de tantos comentarios que escoito pola rúa, a certas persoas que nunca quixeron saber máis nada que mirar por eles mesmos e as súas propias familias, e por se fose pouco logo, case sempre, culpabilizan diso a algunha persoa pertencente a entidades benéficas.

Persoalmente non poño en dúbida de que poida haber algunha deficiencia, excesiva burocracia ou protocolos insuficientes sobre o control na repartición de alimentos ou outro tipo de axudas de emerxencia social. Pero podo afirmar categoricamente de que non hai ningún tipo de racismo ou favoritismo por unha ou outra persoa ou colectivo, cónstame que é arduo e complicado o traballo desinteresado, altruísta e de carácter voluntario que realizan a maioría das persoas que forman parte destas entidades benéficas para paliar, no posible e a través da caridade e a solidariedade, o sufrimento material, e en moitos casos espiritual, de centenares de persoas que non chegan a fin de mes ou carecen absolutamente de calquera tipo de recurso económico.

Eu propoñeríalles, a estas persoas, que lanzan este tipo de críticas infundadas, nada construtivas, que dedicasen unha parte do seu tempo de lecer, (moitas delas teñen demasiado), a colaborar con esas ong para que constaten a pura realidade, con coñecemento de causa, e de paso poderían axudar aos seus veciños, sen darlles as costas, como sucede en demasiadas ocasións.

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.