Boiro instalará caudalímetros para contribuír á eficiencia na xestión dos recursos hídricos

26 Agosto 2021

O Concello de Boiro traballa pola mellora da eficiencia na xestión dos recursos hídricos. A Xunta de Goberno local, na sesión celebrada esta mañá, aprobou a adxudicación do contrato menor para a adquisición e instalación de
dispositivos de medición de caudal, unha actuación que se vai levar a cabo mediante unha subvención da Xunta de Galicia.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de conceder ao Concello de Boiro unha subvención destinada á adquisición e instalación de dispositivos de medición do caudal captado en sistemas de abastecemento de
titularidade local. O obxectivo destas actuacións é contribuír a que as entidades xestionen os recursos hídricos coa maior dilixencia, eficacia e eficiencia posibles.
O Concello de Boiro traballa para continuar na súa loita a prol do consumo responsable de auga, a corrección de perdas, as conexións ilegais e a mellora do mantemento e rede de abastecemento. Coa adquisición de caudalímetros vaise conseguir medir especificamente a entrada e saída de auga para así poder detectar posibles fugas e garantir a prestación adecuada nos servizos de abastecemento de auga.
Os caudalímetros vanse instalar na estación de tratamento de auga potable (ETAP) e na saída dos depósitos de auga municipais para controlar o seu caudal e evitar fugas, obtendo un maior control no consumo de auga, cuantificar con exactitude as perdas na rede de auga municipal e poder solucionalas con axilidade e maior eficacia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.