Boiro celebra a música, os contacontos e a cultura tradicional galega nesta segunda semana de agosto

10 Agosto 2021

Logo do Festival Turbina, a axenda cultural de Boiro mantén o listón ben alto esta segunda semana de agosto, comezando coa actuación de Cé Orquestra en Abanqueiro, este mércores 11 de agosto ás 21.00 horas a carón do Centro Social. Cé Orquestra, para quen non o saiba, é o nome baixo o que se agocha César Freiria, músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos musicais, dominando á perfección un amplo abano deles, tal e como ten demostrado co seu proxecto Cé Orquestra Pantasma. A capacidade será limitada. Quen queira reservar entradas pode facelo en www.boiro.gal.

Xa na fin de semana, o venres 13 está previsto un concerto de Andrea & The Black Cats. Será na praza da Terceira Idade de Boiro, ás 22.00 horas. Unha vez máis, haberá que facer reserva na web municipal (as prazas son limitadas). Andrea & The Black Cats é un trío musical de Compostela que domina á perfección os estilos vencellados ao blues ao jazz de Nova Orleans e a gran tradición de música negra do sur dos Estados Unidos.

A banda de Santiago Andrea & The Black Cats

Ao día seguinte, o sábado 14, no marco da Feira Eco-lóxica de Boiro (praza da Terceira Idade), celebrarase un contacontos para público infantil (a partir de tres anos) a cargo de Xarope Tulú. Trátase do espectáculo Estrafalaria, unha proposta que combina a narración oral coa manipulación de obxectos, onde o público participa activamente do relato (os personaxes que interveñen na historia caracterízanse pola súa peculiaridade e levan a diferenza como bandeira). De novo o aforo é limitado e cómpre reservar entrada na web municipal, www.boiro.gal

Sen saírnos do sábado 14, o Campo de San Roque en Cespón vai acoller a partir das 20.00 horas unha nova edición do Serán Abeloura, centrado na música e na cultura popular e tradicional galega. Inclúe o quinto Encontro Tradicional de San Roque co grupo de pandeiretas de Abeloura, Rianxeiras da Covecha; Os centenarios; Os liantes; e Arredores. A capacidade é limitada. Cómpre reservar entradas na páxina de Facebook de Abeloura Grupo.

Na mesma xornada, sábado 14, a praza de Galicia acollerá o espectáculo musical A fiestra dos soños de Trotaventos, dirixido ao público infantil e familiar. A fiestra dos soños é un libro de poemas ilustrados e musicados editado por Galaxia. A parte literaria componse de trece poemas cunha temática que supón un canto á natureza. Deste traballo resulta un espectáculo musical en forma de concerto para o público miúdo. O autor é Manolo Boquete e a voz de Nadia Fonseca. Estarán acompañados dos músicos Ramón Feáns, Roberto Grandal e Dani Riveiro. Novamente será preciso reservar entrada en www.boiro.gal, xa que o aforo é limitado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.