Boiro acolle este 22 de agosto a proxección do filme galego Sicixia (inclúe presentación e coloquio)

17 Agosto 2021

O vindeiro 22 de agosto, a praza da Terceira Idade de Boiro acollerá a proxección do filme galego de ficción Sicixia, dirixido en 2016 por Ignacio Vilar en plena Costa da Morte e seguindo as pescudas, a xeito de caderno de viaxes, dun documentalista sonoro interpretado por Monti Castiñeiras e a súa guía Olalla (a quen dá vida Marta Lado), que traballa na recolleita de argazo e que terá o poder para transmitir ao protagonista o amor polas impresionantes e fermosas paraxes dos concellos da dita comarca coruñesa.

O filme proxectarase o domingo ás 21.30 horas. Haberá prazas limitadas. Poderán reservarse na web municipal dende dous días antes da función. Contarase coa presenza do director Ignacio Vilar, que responderá ás consultas sobre o filme do público e achegará detalles sobre a súa rodaxe.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.