Barahúnda en concerto o 13 de agosto en Rianxo

04 Agosto 2021

Ao abeiro do ciclo Noites de Folc, o grupo Barahúnda achegará un concerto en Rianxo vindeiro venres 13 de agosto. Será ás 22.00 horas no exterior do CEIP Castelao. O aforo será limitado e as reservas cómpre facelas a a través da web municipal.

Barahúnda é unha agrupación do Barbanza integrada por Helena de Alfonso (voz e composicións), Jose Lara Gruñeiro (guitarras e composicións), José Luis do Pico Orjais (multi-instrumentista) e Txema Mawenya (percusión). A banda, activa dende 1998, homenaxea a rica tradición lírica e musical galega nas súas moi variadas manifestacións, alternando composicións propias con letras de poetas actuais ou da tradición galego-portuguesa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...